Este proxecto, cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea e coordinado polo EQAR (European Quality Assurance Register for Higher Education), ten como obxectivo principal poñer en marcha unha gran base de datos que facilite o acceso aos informes dos distintos procesos de avaliación universitaria levados a cabo polas axencias de calidade europeas.
ACSUG participou no proxecto, que se estendeu desde novembro de 2017 a outubro de 2019, proporcionando os datos dos informes de avaliación realizados ata o momento no Sistema Universitario de Galicia.
Dado que a base de datos europea de informes necesita unha permanente actualización, ACSUG segue subindo á plataforma a información correspondente de maneira periódica.