ACSUG continúa co proceso de mellora continua e avaliación cíclica do cumprimento dos “Criterios e Directrices para a Garantía da Calidade no Espazo Europeo de Educación Superior”. Por iso, tras 5 anos desde a última avaliación externa por parte de ENQA, realízase un novo proceso de avaliación internacional.
ACSUG levou a cabo a fase de autoavaliación, coa emisión dun informe resumo, resultado dun proceso dividido en varias fases e no cal contouse coa participación do persoal de ACSUG, membros dos distintos órganos da axencia, así como outros grupos de interese relacionados co ámbito universitario: avaliadores académicos, profesionais e estudantes, membros de grupos de traballo e persoal técnico das universidades.
O informe de autoavaliación e os seus anexos inclúense a continuación:
-
Informe de Autoavaliación de ACSUG 2018
-
Anexo 1: Principais datos do SUG
-
Anexo 2: Estatutos de ACSUG 2018
-
Anexo 3: Plan Estratéxico ACSUG (2016-2020)
-
Continuando co proceso, entre os días 20 a 22 de marzo de 2019, o comité externo de ENQA, responsable da avaliación externa da ACSUG, realizou unha visita á axencia para comprobar in situ o cumprimento dos criterios e directrices europeos. O comité externo reuniuse con representantes de todos os grupos de interese do Sistema Universitario de Galicia: persoal da ACSUG, membros dos diferentes órganos da axencia, representantes do goberno autonómico e das universidades, avaliadores e expertos externos, estudantes, empresarios e grupos de traballo externos.
O comité externo emitiu posteriormente o seu informe final. Este informe foi analizado polo Board de ENQA na súa xuntanza do 19 de setembro de 2019, xuntanza na cal se confirmou a ACSUG como membro de pleno dereito do organismo por un período de 5 anos máis, ata o 2024. Na Reunión Xeral de ENQA de 2019 en Ereván (Armenia) a decisión do Board de ENQA foi ratificada pola totalidade de membros da organización.