• A ACSUG colabora activamente en diferentes procesos de avaliación de axudas á investigación

Programa Isidro Parga Pondal

O Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica-Incite (2006-2010) recollía as acciones de formación de investigadores do Programa de recursos humanos (RHS). Un de estes programas é o Isidro Parga Pondal de axudas á incorporación de doutores cunha formación postdoutoral contrastada en organismos públicos de investigación. Poderán ser beneficiarios destas axudas as universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que oferten algún dos proxectos o liñas de investigación relacionados na convocatoria e fomenten a contratación do persoal investigador seleccionado a tal efecto. Aínda que este plan no está en vigor, recollíase nel a posibilidade de convocar a prórroga do programa Isidro Parga Pondal para as concesións previas.

Prórroga: a duración das axudas do programa Isidro Parga Pondal será de tres anos. Ditas axudas poderán ser obxecto dunha prórroga de ata dos años de duración tendo en conta:

    • A dispoñibilidade presupostaria no programa 561B e na correspondente universidade contratante.
    • Que a normativa laboral pola que se rexen os contratos permita dita ampliación.
    • As previsións do Plan Galego de Innovación 2011-2015.
    • A actividade desenvolta polo investigador nos tres anos de contrato.

A selección das solicitudes realizase por expertos externos o SUG coa colaboración da ACSUG de acordo co establecido nas bases da convocatoria. Esta avaliación remítese á comisión de selección que elabora a proposta de resolución. A competencia para resolver estas axudas corresponde ao titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Avaliación da calidade de produción e actividade científico-tecnolóxica: os beneficiarios destas axudas deberán someterse, no 2º ano de prórroga, a un proceso de avaliación dirixido a obter o certificado de cumprimento dos requisitos de calidade de produción e actividade científico-tecnolóxica que impliquen unha traxectoria profesional destacada. A avaliación lévase a cabo (baixo os principios xerais de obxectividade, independencia e calidade das avaliacións) por expertos externos ao Sistema Universitario de Galicia, coa colaboración da ACSUG, a partir da documentación facilitada polos interesados e de acordo cos criterios e documentación sinalados na normativa aplicable. Alcanzarase una avaliación positiva final cando se cumpran os criterios mínimos fixados para cada unha das fases sinaladas en el artigo 6.1 da Resolución de 20 de xullo de 2005, da Secretaría de Estado de Universidades e Investigación, pola que se establecen os criterios de avaliación no Programa de incentivación da incorporación e intensificación da actividade investigadora (BOE nº 204, del 26 de agosto).

Panel de avaliadores