A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) ten a misión fundamental de contribuír á mellora da calidade do Sistema Universitario de Galicia (SUG), para o cal se levan a cabo accións de elaboración de informes, avaliación, certificación e acreditación das actividades que desenvolven as universidades galegas, especialmente as relacionadas coa docencia, a investigación, a transferencia de coñecemento e a xestión.
A ACSUG serve de soporte constante de recollida e canalización de información entre as universidades galegas, outras institucións e axentes sociais, de modo que contribúe a que o SUG se manteña permanentemente actualizado e adaptado ás necesidades sociais cambiantes.
A Dirección da ACSUG, consciente da importancia de desempeñar os servizos dun xeito máis eficiente e de satisfacer as necesidades dos seus clientes e usuarios, decidiu levar a cabo a implantación dun Sistema de Xestión da Calidade e do Medio Ambiente, segundo as normas ISO 9001, ISO 14001 e o Regulamento EMAS.
A Dirección da ACSUG comprométese a establecer anualmente unha serie de obxectivos de calidade e medio ambiente e a velar polo seu cumprimento, tomando como marco de referencia esta política.
As directrices xerais relacionadas co Sistema de Xestión son as seguintes:
- Establecer unha sistemática documentada para asegurar a calidade dos servizos prestados e a mellora continua como norma habitual de actuación na ACSUG.
- Prestar aos clientes e usuarios servizos coa mellor calidade, acorde cos requisitos e especificacións establecidas e coa normativa ou lexislación vixente aplicable, garantindo especificamente o cumprimento da lexislación ambiental vixente aplicable, así como outros requisitos ambientais que voluntariamente se subscriban.
- Establecer un programa de formación continua para o persoal posibilitando unha mellora e adecuación constante dos servizos prestados.
- Análise da información, tanto propia como a recollida dos clientes e usuarios, para previr erros e mellorar a prestación dos servizos.
- Realizar as actividades de xeito que se minimicen os impactos ambientais negativos que puidesen levar asociadas.
- Procurar a eficiencia enerxética, a diminución dos consumos de materiais e outros recursos e a correcta xestión dos residuos xerados.
- O Sistema atende ao principio de prevención da contaminación, incorporando os criterios ambientais nos seus ámbitos de influencia.
- Colaborar cos traballadores, cos provedores, coa administración e co público en xeral co obxecto de garantir a transparencia do Sistema de Xestión. Relacionado con este aspecto se realiza e fai pública cada ano unha declaración ambiental, que describe o comportamento e xestión ambiental levado a cabo pola ACSUG.
A eficacia e aplicación do Sistema de Xestión da ACSUG é responsabilidade directa da súa Dirección. No seu nome e representación, designouse un Responsable de Calidade e Medio Ambiente, o cal, en colaboración directa co persoal da axencia, supervisará a implantación, desenvolvemento e mantemento do Sistema de Xestión, avaliando a súa adecuación e aplicación correcta, identificando problemas, verificando a súa eficacia e coordinando as actividades con influencia nos servizos.
Esta política é revisada periodicamente nas xuntanzas do Consello de Dirección da ACSUG e comunicada a todo o persoal cunha actividade directa ou indirectamente relacionada co Sistema de Xestión, estando a disposición dos usuarios e público en xeral no taboleiro de anuncios e na páxina web.