Presidenta: Sra. Dona. María Patrocinio Morrondo Pelayo
A presidenta do Consello de Dirección é nomeada polo presidente da Xunta de Galicia, de entre persoas de recoñecido prestixio no ámbito universitario, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, escoitados os reitores e os presidentes dos Consellos Sociais das universidades consorciadas.
Funcións: Corresponden á presidenta do Consello de Dirección as funcións seguintes:
- Representar institucionalmente á Axencia.
- Convocar, presidir, suspender e levantar as sesións do Consello e fixar a orden do día, así como dirixir as deliberacións e decidir os empates co seu voto de calidade.
- Supervisar as actividades da Axencia e elevar ó Consello a documentación e os informes que considere pertinentes.
- Aquelas outras que lle sexan expresamente encargadas polo Consello de Dirección.