Os estatutos de ACSUG atribúen á CGIACA, como órgano superior de avaliación, as funcións de emisión de informes, avaliación, certificación e acreditación que teña atribuídas ACSUG.
A CGIACA está constituída polos seguintes membros:
Presidente:
-
Miguel Angel Santos Rego, catedrático de teoría e historia da educación da universidade de Santiago de Compostela.
Vogais:
-
María Álvarez de la Granja, profesora titular de filoloxía galega e portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela. Vogal académica
-
María José Bravo Bosch, profesora titular de dereito romano da Universidade de Vigo. Vogal académica.
-
Consuelo Ferreiro Regueiro, profesora Titular de dereito do traballo e da seguridade social da universidade de Santiago de Compostela. Vogal académica
-
María Ángeles Cid Blanco, catedrática de microbioloxía da Universidade da Coruña. Vogal académica.
-
Margarita Rosa Pino Juste, catedrática de didactica e organización escolar da Universidade de Vigo. Vogal académica.
-
Juan Touriño Domínguez, catedrático de arquitectura e tecnoloxía de computadores da universidade da Coruña. Vogal académico.
-
Ana María Martín Romero, estudante de doutoramento na Uvigo. Vogal en representación dos estudantes do SUG.
-
Francisco Domínguez Martínez, asesor da presidencia do Grupo Televés. Vogal en representación do ámbito profesional e empresarial galego.
-
J. Eduardo López Pereira, Director de ACSUG. Vogal con voz e sen voto.
Secretario:
-
Francisco Rico Rey, Técnico de ACSUG. Secretario da CGIACA, con voz e sen voto.
Os membros da CGIACA actúan a título persoal e con plena independencia, garantindo en todo momento que non se produzan conflitos de intereses, ademais de estar sometidos á normativa vixente en materia de incompatibilidades.
Os acordos da CGIACA poñen fin á vía administrativa. Na adopción dos acordos relativos á avaliación, acreditación ou informe individual do profesorado universitario só participan os vogais membros da comunidade académica e científica e, tanto o seu Secretario como o Director de ACSUG asisten as xuntanzas con voz e sen votoe
A CGIACA debe aprobar o seu propio regulamento de funcionamento, así como os distintos procedementos e protocolos de avaliación, informe, certificación e acreditación que correspondan para o desempeño das funcións que teña atribuídas por la normativa.
Para o exercicio das súas funcións poderá acordar a constitución de comités integrados por persoas asesoras expertas, determinando a composición destes comités o seu réxime de funcionamento e os requisitos e o procedemento de designación dos seus membros.
Os estatutos de ACSUG dispoñen que a composición da CGIACA deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.