• Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

Consello asesor

O Consello Asesor depende organicamente da directora ou director da ACSUG e, como órgano consultivo, correspóndenlle, dentro das funcións ás que se fai referencia no apartado primeiro do artigo 7 destes estatutos, as seguintes:

  1. Informar, a petición da directora ou director da ACSUG, sobre os procedementos e actuacións que desenvolva a ACSUG.
  2. Resolver, a petición da directora ou director da ACSUG, as controversias que se produzan respecto do cumprimento das normas ou códigos éticos e de boas prácticas, respecto dos procedementos e actuacións que desenvolva a ACSUG.
  3. Analizar a metodoloxía e as estratexias de avaliación que se puidesen aplicar e propoñer medidas de mellora da calidade dos métodos de traballo e de introducción de innovacións tecnolóxicas.
  4. Analizar o funcionamento da ACSUG e emitir un informe anual para o Consello de Dirección.
  5. Manter as relacións de colaboración e cooperación que resulten procedentes, cos comités que realicen funcións análogas dentro dos órganos de avaliación externa que existan ou se constitúan no ámbito estatal e internacional.
  6. Recoller e analizar as suxestións, propostas e opinións que respecto das funcións e actuación da ACSUG, se formulasen por parte das administracións públicas, dos órganos de avaliación externa que existan no ámbito estatal e internacional, das universidades españolas e de calquera outra institución pública ou privada vinculada co ámbito da garantía da calidade universitaria.
  7. Elevar á Dirección da ACSUG, para a súa consideración, propostas e suxestións para a mellora das súas actuacións.
  8. Calquera outra función que lle sexa expresamente encargada ou delegada pola directora ou director da ACSUG.

Composición

Presidente:

José Eduardo López Pereira

Vocais:

     Académicos

     César Chaparro Gómez. Universidade de Extremadura
     Fernando Tejerina García. Universidade de Valladolid
     Jaime Gil Aluja. Universidade Autónoma de Barcelona
     Jorge Delgado García. Universidade de Jaén
     José Manuel Cabrera Sixto. Universidade de Guanajuato
     Ana Sofía Sá Gil Rodrigues. Instituto Politécnico de Viana do Castelo
     Antonio Scala. Università degli Studi di Sassari (Italy)

     Profesionais

     Manuel Jaime Martínez Rapela.

     Estudantes:

     Fermín Santín Mon
     Adrián López Lorenzo

Secretario:

Luis Carlos Velón Sixto, Técnico ACSUG.