• Pursuit of excellence through external evaluation mechanisms of the teaching activities.

Phases

As fases que considera o desenvolvemento do Programa DOCENTIA son:

  • Fase I: Deseño e Avaliación de procedementos.
  • Fase II: Implantación
  • Fase III: Certificación

Fase I: Deseño e Avaliación de procedementos

ACSUG publica en 2007 a convocatoria para a participación no Programa DOCENTIA dirixida ás tres universidades galegas. A continuación as universidades elaboran os seus procedementos para a avaliación da actividade docente, que son avaliados como paso previo á súa posta en marcha.

Fase II: Implantación

Unha vez avaliados favorablemente os procedementos, as universidades inician a implantación experimental destes, que polo menos terá unha duración de dous anos. Esta fase ten como finalidade primordial que as universidades, apoiadas polas axencias de avaliación, poidan introducir axustes e melloras nos seus procedementos, atendendo ás esixencias e necesidades do contexto de aplicación.

Fase III: Certificación dos Procedementos

Tras a implantación experimental dos procedementos de avaliación da actividade docente e superada a fase de seguimento favorablemente, as universidades poden optar á Certificación dos seus procedementos de avalición.

A certificación dos Modelos de Avaliación da Actividade do Profesorado Universitario terá unha vixencia de seis anos. Con ela, outórgase un recoñecemento externo á calidade do proceso de avaliación docente das institucións certificadas, así como a súa implicación e compromiso coa mellora e a innovación da actividade docente.

Documentación

O Programa DOCENTIA conta cun documento Marco no que se especifica o enfoque co que se aborda a avaliación da actividade docente do profesorado, as distintas fases do proceso, os órganos de coordinación e avaliación, os modelos de informes, os protocolos de avaliación que se aplican para realizar a verificación, o seguimento da implantación e a certificación dos modelos de avaliación da actividade docente das Universidades, etc.

Este documento aprobouse a finais de 2015, co obxectivo de integrar e actualizar toda a documentación que estivera asociada ao Programa DOCENTIA desde a súa creación.